O Sergas informou onte, contra ás 22.00 horas deste domingo, que o área Sanitaria de Ferrol rexistrou un novo falecemento. Trátase dunha muller de 71 anos que se atopaba nunha das Unidades de Coidados Intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Con esta son xa oito as vítimas mortais por coronavirus na comarca.
Dos 142 casos positivos deste domingo, día 29, 96 persoas están no seu domicilio con seguimento sanitario telefónica e son 46 os ingresados. Destes 46, 12 están na UCI , tanto na do Marcide como na que se habilitou no Hospital Naval . En planta do Marcide atópanse 34 persoas ingresadas.
Discussion about this post