Os Bombeiros de Ferrol sobrevoarán a cidade con drons para atopar niños de velutinas

O Concello pedirá os permisos pertinentes para, mediante a calor que desprenden, póidanse descubrir os diferentes niños destas vespas tan perigosas
Imagen de archivo de drones
Imagen de archivo de drones

A concellería de Seguridade de Ferrol vén de iniciar os trámites para solicitar á Agencia Estatal de Seguridad Aérea -AESA- os permisos correspondentes para realizar voos co dron que o corpo de Bombeiros acaba de adquirir recentemente en puntos concretos da cidade susceptibles de acoller niños de vespa velutina.

Calor como puntos de referencia

O novo dron conta cunha cámara con capacidade de visión térmica, o que fai posible detectar focos de calor aínda que non se poidan observar directamente. Desde a concellería de Seguridade indican que os niños de vespa velutina rondan os 35 grados de temperatura, polo que detectar esa diferencia respecto a outros elementos do entorno arroxa información moi valiosa de cara á localización dos niños.

Niños na Praza de Armas

O corpo de Bombeiros revisou esta mesma mañá o entorno da praza de Armas, onde se localizaron varios exemplares. Neste senso, desde a concellería de Seguridade fan un chamamento á cidadanía para que informe sobre posibles niños no número de teléfono 112. Ata o momento, o corpo de Bombeiros atendeu o 100 % dos avisos recibidos a través desta canle.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.