Os centros de maiores de Ferrolterra reciben móbiles e tablets para videochamar aos seus familiares

A Consellería de Política Social entregou nas comarcas 51 dispositivos cedidos por varias empresas
esteviruslovamos

A Consellería de Política de Social vén de enviar 51 teléfonos móbiles e tablets a varios centros de atención e residencias de maiores das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para facilitar a comunicación dos usuarios cos seus familiares durante as medidas de confinamento que se están producindo durante a emerxencia sanitaria.

Concretamente, a residencia de maiores de Caranza recibiu 27 dispositivos, o centro de menores Ferrol I recibiu 18, a residencia de maiores de Laraxe 2 e a residencia de Ortigueira 4 dispositivos. Estes dispositivos, que foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e A Caixa, serven para manter o contacto entre os residentes e as súas familias.

Con esta achega procurará dar solución a unha situación que preocupaba ás persoas que viven nos centros residenciais de servizos sociais e as súas familias. Aínda que se intensificou o contacto telefónico nestes centros, decidiuse dar un paso máis e facer uso dos avances tecnolóxicos para que poida producirse tamén un contacto visual.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.