Os Concellos das comarcas están a realizar unha importante tarefas de limpeza e hixenización dos centros urbáns e as zonas máis concorridas de canda un dos municipios.
O Concello de Narón dispón dun amplo operativo deseñado para atender no termo municipal as necesidades de limpeza e desinfección en materia de prevención do coronavirus que se estableceron seguindo o protocolo do Ministerio de Sanidade. O departamento municipal de Servizos e o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón é o encargado de levar a cabo estas tarefas para garantir a seguridade e saúde das veciñas e veciños de Narón e dos profesionais que estes días manteñen operativos diferentes servizos.
Para estas labores, o Concello conta cun atomizador, unha máquina que esta mesma noite empezará a traballar na rúa 25 de Julio e na Praza de Galicia, nas proximidades do centro de saúde, para posteriormente desprazarse pola estrada de Castela e polo resto do termo municipal para desinfectar as rúas da cidade. A peculiaridade desta nova máquina é que realiza unha especie de fumigación que permite chegar a desinfectar todas as zonas.
Así mesmo, indicou, empréganse sulfatadoras manuais para desinfectar zonas moi específicas, como marquesiñas ou accesos a diferentes establecementos (farmacias, panaderías, supermercados…) con auga e lixivia.
De acordo coas indicacións das autoridades sanitarias, en San Sadurniño estanse utilizando dous produtos distintos. O departamento de Servizos percorreu o centro urbano para botar en papeleiras, varandas e colectores do lixo, así como nos accesos aos establecementos que permanecen abertos, unha solución bactericida de rápida evaporación coa que se pretende reducir ao mínimo a posibilidade de que neste equipamento e mobiliario poida haber trazas de coronavirus.
O líquido pulverizouse diante do Concello, na Cooperativa de Meirás, no Centro de Saúde, na farmacia, na libraría e tamén diante do supermercado Outeiro e da panadería Enxerto, pero tamén ao longo das beirarrúas que enlazan este grande triángulo de puntos onde se concentran o maior número de movementos.
Pola súa banda o Concello de Valdoviño tamén iniciou esta mañá unha campaña de desinfección de instalacións e vehículos municipais e establecementos comerciais e profesionais con atención presencial. Tarefas que desenvolve a empresa especializada INSA. Iniciábanse nos vehículos de Policía Local, continuaban na casa consistorial e proseguían en establecementos comerciais. Levaranse a cabo, entre outros, nas tres cooperativas con supermercado, farmacias, panaderías ou nos comercios que permanezan abertos.
En Fene, o área de Obras e Servizos reforzou desde a semana pasada a hixiene nos espazos públicos co seu cadro de persoal ao completo. O departamento ten en marcha un dispositivo especial de limpeza e desinfección do mobiliario urbano e dos espazos onde se concentra un maior número de persoas. Estase facendo unha limpeza en profundidade nas papeleiras e colectores do lixo, nas paradas do transporte público, diante do Centro de Saúde e, sobre todo, nas zonas de tránsito nas inmediacións de farmacias, tendas, supermercados e outros establecementos que permanecen abertos.
Discussion about this post