Un cohete ruso que se desintegrou ao volver entrar na atmosfera tras levar material á estación espacial foi avistado na madrugada deste martes desde distintos puntos de Galicia nos que o ceo estaba despexado, entre eles na comarca de Ferrol. Nesta zona viuse pasar desde o nordeste ata o suroeste, caro o océano.
Só foron testigos deste acontecemento aqueles que estaba xa despertos ou na rúa poco despois da 06.30 horas, momento no que se produciu o avistamento. Algúns dos afortunados foron os traballadores de Navantia na ría de Ferrol, que lograron captar o momento.
“Estabamos os compañeiros esperando para entrar a traballar en Navantia, en Ferrol, e vimos isto sobre as 6:30”
👉 Recibimos moitas mensaxes dun posible bólido ou meteorito cruzando os ceos de Galicia. Víchelo? pic.twitter.com/OKGSwlDg5j— Galicia por Diante (@GxDRadioGalega) April 28, 2020
Tal e como confirmaron dende o Observatorio da Universidade de Santiago, «son os restos do cohete ruso Soyuz, que foi enviado o pasado día 25 desde Baikonur (Kazajistán) para levar subministracións á Estación Espacial Internacional». No vídeo, distínguese claramente un ronsel de gas producido polo quecemento do obxecto, e tamén se aprecian moitos fragmentos que se van desprendendo.
Meteoro sobre A Coruña pic.twitter.com/OHa6dNfYmA
— Israel Borja Nuñel Timiraos (@Canaan_1983) April 28, 2020