Os traballadores de Navantia inician un calendario de mobilizacións reclamando carga de traballo

Esixen ao asteleiro público a construcción dun novo buque que xa estea deseñado, como os de aprovisionamento loxístico
Os operarios concentráronse ás portas do asteleiro.
Os operarios concentráronse ás portas do asteleiro.

Os traballadores de Navantia Ferrol e das compañías auxiliares iniciaron este xoves un novo calendario de mobilizacións para demandar carga de traballo no estaleiro, que terá as bancadas baleiras durante este ano e o próximo. Así o advertiu o presidente do comité de empresa, Javier Galán, quen alertou da falta de traballo nos estaleiros ferroláns, polo que demandou a construción dun buque do tipo AOR. «A única solución é a construción dun buque que xa teñamos deseñado. Sabemos da necesidade que teñen na Armada cun buque destas características, que sería a substitución do ‘Patiño’, pero estamos abertos a calquera outro tipo de buque que sea carga de traballo a este estaleiro nos anos 2020 e 2021», apuntou durantete a celebración dunha concentración ás portas do estaleiro ferrolán.

A protesta na entrada das instalacións de Navantia deu inicio a un calendario de mobilizacións que foi aprobado nunha asemblea desenvolvida desde as 10.00 horas no interior do estaleiro ferrolán. Así, o 20 de febreiro está previsto unha mobilización por distintas rúas e avenidas de Ferrol na que tamén participarán os operarios de Navantia Fene e que concluirá ante o Concello de Ferrol. Unha semana máis tarde, o día 27, realizarán unha nova concentración ante a porta do estaleiro de Ferrol e acudirán durante a tarde ao pleno do consistorio da cidade naval.

O seguinte xoves, día 5 de marzo, haberá unha nova mobilización polas rúas durante a mañá e, pola tarde, os traballadores acudirán ao pleno do Concello de Fene. Unha semana despois, o día 12, terá lugar unha nova concentración ante a porta do estaleiro. O domingo 15 de marzo está convocada unha manifestación comarcal e o 26 de marzo concluirá o calendario de mobilizacións cunha protesta conxunta cos operarios da antiga Astano, en Fene. Javier Galán sinalou que xa foron moitos os operarios das compañías auxiliares que perderon o seu posto de traballo «sobre todo no gremio de aceiros, tras a botadura do segundo buque AOR».

Pola súa bande, dende a CIG-Industria insisten na necesidade de apostar por estes «Xoves do Naval» e intensificar as medidas de presión «porque temos 1.840.000 motivos para nos mobilizar». Con esta cifra, a central sindical alude aos metros cadrados que ocupan as instalacións de Navantia en ambas beiras da Ría de Ferrol e que, comparadas con outras infraestruturas empresariais da comarca, superan a superficie que ten, por exemplo, o Polígono de Río do Pozo.

Xunto a isto, a CIG defende a necesidade de contar cun plan estratéxico a longo prazo «que remate dunha vez por todas coa dependencia do sector militar, co periódico baleirado de gradas, e coa consecuente e periódica expulsión do persoal da industria auxiliar ao desemprego ou á emigración».

Relacionadas