Centos de persoas secundaron hoxe 5 de xullo a manifestación programada polos traballadores do Hospital Juan Cardona , debido a baixada salarial que recentemente aunciou a xerencia do centro. Segundo explicaran a semana pasada dende o comité de empresa, os recortes chegarán aos 200 euros mensuais -en nóminas duns 1.200- correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia.
Con esta iniciativa pretenden frear a decisión tomada “de forma unilateral e sen negociación previa”, segundo anunciaron os sindicatos. A marcha iniciouse nas portas do propio hospital, onde os centos de protestantes cruzaron os barrios de Caranza e de Esteiro, e posteriormente leerían un manifesto na plaza de Amboage en defensa dos seus dereitos.
“Esto non acaba a aquí, seguiremos loitando ata conseguir que non toquen nin un euro das nosas nóminas, non daremos nin un paso atrás”, podíase escoitar na plaza ateigada de xente mentres os representantes dos traballadores lían o documento de protesta. Tal e como afirmaron dende o propio comité de empresa, a dirección do hospital decidiu rebaixar o salario do persoal sanitario tras facer unha comparativa cos beneficios económicos do ano pasado e descubrir unha deuda de 3 millóns de euros.
“Esperemos que o día 9 de xullo secundedes a folga xeral convocada, e así amosar que estamos todos unidos e que non permitiremos que pisoteen os nosos dereitos” anunciaban as últimas liñas do manifesto, aínda que dita folga está pendente de realizarse dependendo da decisión da Delegación de promover o día 10 unha mesa de negociación entre ambas as partes.
Discussion about this post