Os traballadores do Juan Cardona reivindícanse cunha folga para presionar á directiva do centro

A actividade laboral retomarase mañá, onde tamén lles agarda unha nova mesa de reunión para revertir a situación
Ferrol en Común
Ferrol en Común

Os traballadores do Hospital Juan Cardona convocaron hoxe luns 20 de xullo unha folga temporal para intentar presionar á xerencia do centro, e así intentar facer que recapaciten tras a decisión tomada sobre os seus salarios. Os recortes nos seus soldos chegarán aos 200 euros mensuais -en nóminas duns 1.200- correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia. En canto á folga acometida hoxe o persoal sanitario tomará medidas legais despois de que tal e como indican eles mesmos incumpríranse os mínimos que o Sergas impuxera ao hospital.

Fontes próximas aos traballadores aseguran que aínda que ven a situación moi complexa e especialmente incómoda coa xerencia do hospital, non van a parar de loitar polos seus dereitos, tal e como fixeran a comezos de xullo nunha manifestación desde o Juan Cardona ata a praza de Amboage.

A última mesa de reunión mantida o 10 de xullo entre a parte social e a parte empresarial do hospital deixou malas sensacións, onde tan só falouse da información económica que estabase a vivir ultimamente. Os propios traballadores recoñecen que as esperanzas son mínimas de cara á vindeira reunión, que terá lugar mañá 21 de xullo. Previamente á mencionada reunión os sanitarios levarán a cabo unha concentración nas portas de urxencias ás 10 e media da mañá para seguir visibilizando a súa precariedade laboral.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.