O CHUF contará cunha ampliación do seu aparcadoiro municipal de ata 123 prazas máis

O goberno local aprobou hoxe as obras para reaxustar a capacidade de aparcamento da que goza o centro hospitalario, invertindo un total de 241.300 euros
Esta semana comezará a reurbanización de parte da rúa Ares de Recimil e a rehabilitación da rúa Carmen Curuxeiras de Ferrol

O goberno local invertirá máis de medio millón de euros nestas obras que pretenderán darlle unha nova cor aos barrios residenciais e a unha das rúas máis importantes do casco antigo
O Señor Lili animará a Valdoviño no parque do Lago coa súa particular Discocleta

Este espectáculo musical novidoso e sorprendente non deixará indiferente a ninguén, onde poderase acudir este vindeiro sábado 8 de agosto
Falece un home na praia de Ponzos de Ferrol tras ser arrastrado pola forte corrente

Outro bañista intentou axudalo a saír da auga pero finalmente non puido facer nada por salvar a vida da vítima, o cal foi reanimado sin éxito polo corpo de socorristas do areal
Mary: “É moi duro, moi doloroso. Non podes estar con ela, non podes vela, non podes despedirte. De todo o vivido, o peor”

Fina foi unha das 33 vítimas que o coronavirus deixou no seu paso por Ferrol. A súa sobriña, Mary, lémbranos unha historia que xamais debería ser esquecida
Ferrol incentivará o turismo local para axudar a un sector moi afectado pola Covid-19

A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol pretende dar unha maior visibilidade e comercialización á zona local mediante a venda e a exposición on-line
O Concello de Ferrol creará unha zona verde e ampliará o carril bici tras o remate do tanque de tormentas da Malata

Estas reformas permitirán mellorar a paisaxe e a circulación do paseo marítimo ademais de contribuir ao saneamento da enseada
16 concellos de Ferrolterra poderán aumentar a oferta das súas bibliotecas coas axudas da Consellería de Cultura

Un total de 54.200 euros permitirán aos diferentes centros bibliotecarios obter novidades editoriais e así ampliar a cultura da veciñanza
«Noites á Fresca», a nova proposta de Narón co que poder gozar de música no entorno de Xuvia

«Eladio y los seres queridos» e «Faltriqueira» serán os encargados de darlle vida a esta iniciativa que terá lugar o 7 e 8 de agosto
Equiocio volta a Ferrol cunha morea de actividades do 6 ao 9 de agosto

Cumprindo con todas as medidas preventivas de seguridade realizarase a competición hípica, carreiras BTT e PequeOcio para os máis cativos da casa