Reunión entre o Concello e a AVV de Caranza para a humanización do parque Fontelonga

A representante da AVV de Caranza Pilar Rodríguez expúsolle a Julián Reina as diferentes inquedanzas do barrio ferrolán
83628323_2715966211832850_6599354143796625408_o

O concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, mantivo esta semana unha reunión coa presidenta da asociación de veciños de Caranza, Pilar Rodríguez, para escoitar as demandas dos residentes e abordar asuntos de interese para o barrio, como é a humanización do parque de Fontelonga.

O edil está a reunirse cos representantes veciñais da cidade, tanto do centro como da zona rural, co fin de «manter contacto periódico coas asociacións e atender as súas necesidades», dixo Reina. «A nosa vontade é que os nosos veciños saiban que poden contar coa seu Administración máis próxima, o seu Concello». Durante o encontro coa representante dos veciños de Caranza, Reina manifestou que o departamento municipal está a traballar para proxectar unha intervención no parque de Fontelonga que logre «humaniza» o espazo co fin de acondicionar a zona verde para o goce dos veciños.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.