Políticos e funcionarios da Deputación da Coruña doan fondos para apoiar á USC nunha vacina fronte ao Covid-19

Os fondos recadados destinaranse ao grupo Universidade de Santiago que traballa para lograr a vacina e investiga novos métodos para tratar e diagnosticar a enfermidade
Screenshot
Screenshot

A Deputación da Coruña inicia estes días a unha campaña voluntaria de recadación de fondos entre o persoal funcionario e os membros de corporación provincial para apoiar a investigación de vacinas e tratamentos médicos fronte ao Covid-19 que se están a levar por parte de equipos científicos multidisciplinares da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A iniciativa e a conta bancaria solidaria aberta (ES22 2080 0388 2031 1000 3189) para esta iniciativa foi comunicada a todo o persoal, sindicatos e grupos políticos e está recibindo xa as primeiras doazóns por parte dos traballadores e representantes políticos da Deputación da Coruña.

Con este xesto, os traballadores da Deputación da Coruña queren achegar o seu «gran de area na procura dunha vacina ou un tratamento eficaz contra o virus que provocou esta terrible pandemia», explicaron nun comunicado.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.