O Concello de San Sadurniño inicia dúas obras no centro urbano e no rego do Aceiteiro

Ambos proxectos están financiados con fondos municipais
César Galdo
César Galdo

O Concello de San Sadurniño emprendeu dous proxectos de obra pública tras case dous meses de parálise de actividade. O primeiro deles, cifrado en 4.400 euros consiste na reparación da pequena presa da Pernuda, no río Aceiteiro, para evitar filtracións e dotala dunha escala para a remontada dos peixes.

O segundo proxecto ten que ver co adecentamento do noiro situado fronte ao Centro Municipal de Empresas -entre Gavín e a tenda veterinaria +Kotas- onde se está construíndo un banco feito en obra de case 27 metros de longo en dous tramos que levará unha cortina de plantas en todo o seu trazado. Esta actuación ten un custe de 9.300 euros e, igual que a do Aceiteiro, sufrágase con fondos integramente municipais.

Estas obras únense as que xa se estaban a desenvolver no local social de Lamas para a súa ampliación, cunha inversión próxima aos 109.000 euros.

Relacionadas