San Sadurniño non repartirá mascarillas masivamente por «non poder garantir a súa efectividade»

O goberno de Secundino García cree que este material só debe usarse cando estea plenamente homologado e considera que o seu uso doméstico pode ser contraproducente
3132996

O Concello de San Sadurniño informou hoxe que seguerá aplicando as recomendacións da FEGAMP e das autoridades sanitarias respecto ao uso de mascarillas e que, en consecuencia, non realizará compras nin repartos masivos aos seus veciños ante a imposibilidade de garantir a súa efectividade.

Por esta razón, os envíos de material da Xunta de Galicia e da Deputación que recibiu o Concello estanse destinando á protección do persoal do Servizo de Atención ao Fogar e dos servizos esenciais, como o de recollida do lixo e desinfección das vías públicas.

Ademais, dende o goberno local explican que estas accións de repartos masivos de material están a xerar dúas consecuencias inmediatas: que se estea alimentando un «estado xeral de ansiedade por conseguir máscaras» e, ademais, que «se estea contribuíndo a crear un falso sentimento de protección que faga descoidar o que si é importante, como por exemplo manter a distancia social de alomenos dous metrostusir contra panos desbotableslavar ou desinfectar as mans con regularidade ao longo do día e non tocar a boca, os ollos ou o nariz».

Tamén insisten dende o Concello que na maioría de casos o que se están repartindo son máscaras hixiénicas ou de tipo cirúrxico dun só uso que deben tirarse ás poucas horas, pero que na maioría de casos estanse reutilizando durante días, perdendo o seu efecto e chegando a ser contraproducente.

 

Relacionadas