«Smallfoot», a longametraxe que poderase ver este xoves na pista polideportiva do Lago

Para retirar as entradas habilitarase a Oficina Municipal de Turismo ou o propio local da AVV de Lago
cine-verano-zona-este-smallfoot-00-sevillaconlospeques

O ciclo de cine de verán do Concello de Valdoviño continuará este xoves 23 de xullo na pista polideportiva de Lago. Alí, a partir das 22.45 horas, proxectarase o filme de animación «Smallfoot». As persoas interesadas en asistir poden retirar dende hoxe luns 20 de xullo as súas invitacións -un máximo de 5 por persoa-. Deberán acudir á Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol de 11 a 17 horas hoxe, mañá martes e o mércores 22 de xullo e en horario de 11 a 14 horas se o fan o xoves 23.

Neste caso, habilitouse tamén un segundo punto de retirada de invitacións no propio local da AVV de Lago. En caso de choiva o pase, que se inclúe na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña, trasladaríase á Casa da Cultura.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.