O área sanitaria de Ferrol informou hoxe dun novo falecemento por coronavirus. O de un home de 87 anos que fora ingresado no CHUF e que presentaba patoloxías previas. Con este son cinco as vítimas mortais por coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
O de hoxe súmase aos catro acontecidos dende o pasado domingo, cando morreran dúas mulleres de 77 e 91 anos e outros dous falecidos desta semana semana, un varón de 69 anos que finou o luns e unha muller de 92 que faleceu este martes. Todos eles con patoloxías previas.
Discussion about this post