O Concello de Valdoviño prevé habilitar na zona contigua á rotonda da praia da Frouxeira prazas de estacionamento destinadas a aquelas persoas con diversidade funcional. Así o anunciou o alcalde, Alberto González, tras a aprobación inicial en pleno da modificación da ordenanza municipal de tráfico que permite adoptar esta iniciativa.
A medida responde ás demandas trasladadas por diferentes asociacións do ámbito sociosanitario nas xuntanzas mantidas co goberno municipal. Deste xeito, facilitaríase ás persoas con mobilidade reducida o acceso e disfrute ao areal e paseo da Frouxeira. Así mesmo, a modificación tamén contempla a prohibición do estacionamento nun tramo duns 100 metros no vial do lugar da Saíña, na marxe dereita en sentido ascendente.
Discussion about this post