Valdoviño e Cabanas pechan mañá sábado as súas festas de Entroido

O festival de comparsas valdoviñés contará con máis de 340 participantes de toda a comarca
1550696039081

Valdoviño despedirá este sábado o Entroido co seu tradicional Festival de Comparsas. Un certame que este ano acada as 20 edicións. No mesmo, confirmaron a súa asistencia nove comparsas de diferentes localidades da comarca e, en suma, tomarán parte nesta xornada preto de 340 persoas. A cita dará comezo ás 17.30 horas nas inmediacións da Casa do Concello. Dende este punto partirá o pasarrúas con destino ata a Casa da Cultura, onde se desenvolverá o festival a partir das 18.00 horas, conducido polo cómico galego Pedro Brandariz.

Alí, e por este orde, interpretarán os seus temas máis humorísticos as seguintes comparsas: Os Colludos (Narón); Os Parrandolos (Narón); A Canteira (Neda); Tróupele, Tróupele (Narón); Colexio Rural Agrupado (Valdoviño); Os Trastos (Valdoviño); Os Faranduleiros (Valdoviño); Semente Trasancos (Narón), e Os Chorlitejos (Valdoviño). Na categoría de parellas ou individuais haberá actuacións temáticas a cargo de «O granxeiro e a cabaza falcatrueira», «Carapuchiña Vermella» e «Valdoviño encantado».

O Concello de Cabanas tamén pechará este sábado as actividades do Entroido  programadas polo concello por estas datas. A partir das 18.00 horas no Pavillón de Lavandeira terá lugar a Festa Infantil, organizada en colaboración coa ANPA O Castiñeiro. Nela haberá actividades de animación destinadas a nenas e nenos, así como doces típicos destas datas.

Doutra banda, a partir das 21.00 horas terá lugar a Festa de maiores no local da Sociedade O Loureiro, nas inmediacións do pavillón, con degustación de sobremesas de Entroido e a actuación de DJ Dany. En ambas as dúas festas haberá premios variados para os mellores disfraces.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.