La espuma de los días

5 de abril de 2025 Así, con un título robado al gran Boris Vian, empiezo hoy algo parecido a un diario de lo que pasa o me pasa por la cabeza. Poca cosa, unos apuntes, alguna reflexión, un comentario, una nota de lectura. En fin, ya iremos viendo. Intentaré, eso si, enfocar aquello que me […]
O domingo acaba todo

Seguro que se ten dito moitas veces e de xeitos moi distintos, pero eu lino na —durísima e magnífica— novela de Cormac McCarthy, Meridiano de sangue: “Hai menos ledicia na taberna que no camiño que leva a ela”. A idea é sinxela: as expectativas, a ilusión do que vai vir, adoitan ser mellores do que […]
Os Cruceiros de Burgoa

A raíz das obras que se están a realizar na rotonda do extremo da ponte, veunos á mente o tema dos cruceiros, no lado de Cabanas (onde houbo un cruceiro), como traballo previo á instalación dos pasos peonís. A maiores uniuse a morte de Juan J. Burgoa Fernández, quen dedicou moitas páxinas, agrupadas en non […]
Escribir a historia e divulgala

No 2002, no Comarcal, publicamos un artigo co mesmo título poñendo de manifesto, con algúns exemplos, a dificultade de divulgar a historia, especialmente a historia local. Pasaron vinte e dous anos e non podemos dicir que a situación non mellorase. Nesta mellora sen dúbida tivo moito que ver a proliferación de sitios web ou plataformas […]
Saber marchar

Recoñezo que non é sinxelo. Quizais sexa incluso un dos saberes máis difíciles de adquirir, un deses que non ofertan as institucións académicas nin se extrae dos diversos e múltiples manuais de autoaxuda. Tanto dá que lle botes horas ao estudo, que fagas cóbados sen descanso, que utilices as mellores e máis modernas ou tradicionais […]
Non che gusta a praia?

Hoxe, xa mediados de xullo, fun á praia por primeira vez neste verán. Fomos ao centro de Doniños, moi cedo, non pasaban das dez e media cando chegamos. Non había case ninguén. Estaba algo cuberto e non facía moita calor. Levamos cadeiras, algo novo para min, e sentei cara o mar, gris, verde e anil, […]
Libros na vila

Onte, volvendo de Madrid, paramos a comer nun pobo de Valladolid, Urueña, que foi a primeira das chamadas Vilas do Libro de España. A primeira do mundo foi a galesa Hay-on-Wye, pero hai moitas noutros países, sobre todo europeos. Veñen sendo iso, vilas, normalmente pequenas, nas que se decide promocionar todo o relacionado cos libros […]
O filósofo e a lama

O filósofo Daniel Inneraraty afirmou nun artigo recente que a polarización, como categoría de análise política, está sobrevalorada, que non hai tanta como parece nin como nos queren facer crer os estrategas partidarios da división. É certo, sostén, que determinados antagonismos están a ir a máis nos últimos tempos, pero iso non significa que se […]
Viaxe con choiva

Sábado pola mañá. Estou lendo eu so nunha terraza na rúa Real, cun café. Aínda por riba, chove. Sinto a choiva, moi forte nalgúns momentos, e sinto de cando en vez, sen mo propoñer, anacos das conversas das outras mesas. Na do meu lado, unha muller (que fala galego coas sete vogais, co que entra, […]
Fogueiros de Pontedeume: unha memoria sen historia

O 22 de setembro de 1936 Antonio Veiga Ríos foi fusilado con outros 32 presos máis sacados do Plus Ultra e enterrado no cemiterio de Serantes