Os Cruceiros de Burgoa

A raíz das obras que se están a realizar na rotonda do extremo da ponte, veunos á mente o tema dos cruceiros, no lado de Cabanas (onde houbo un cruceiro), como traballo previo á instalación dos pasos peonís. A maiores uniuse a morte de Juan J. Burgoa Fernández, quen dedicou moitas páxinas, agrupadas en non […]
Escribir a historia e divulgala

No 2002, no Comarcal, publicamos un artigo co mesmo título poñendo de manifesto, con algúns exemplos, a dificultade de divulgar a historia, especialmente a historia local. Pasaron vinte e dous anos e non podemos dicir que a situación non mellorase. Nesta mellora sen dúbida tivo moito que ver a proliferación de sitios web ou plataformas […]
Fogueiros de Pontedeume: unha memoria sen historia

O 22 de setembro de 1936 Antonio Veiga Ríos foi fusilado con outros 32 presos máis sacados do Plus Ultra e enterrado no cemiterio de Serantes
O Románico na Comarca Eumesa

Co título O Románico na Comarca Eumesa, don Álvaro Vázquez Penedo, mestre de Pontedeume, publicou na imprenta López Torre un pequeno libro dedicado aos alumnos de Pontedeume que durante corenta anos pasaran pola súa clase, como unha lección máis. O libro, editado en 1977 e reeditado en 1986, tiña como mérito engadido o incluír tradución […]
O Teixo de Pontedeume: unha árbore espectáculo

De poucas árbores se ocupou tanto a prensa como do Teixo da finca da familia Tenreiro; unha árbore centenaria que no 2019 foi sacado do Catálogo Galego de árbores senlleiras, despois de que en 2012 a Estación Fitopatolóxica de Areeiro certificase a súa defunción. Pero a súa fama non se debeu tanto a un interese […]
Un ano sen Alexandre na Biblioteca

Vaise cumprir un ano desde que Alexandre Caínzos se xubilou como bibliotecario de Pontedeume. Iso non supuxo, nin moito menos, que se desvinculase das actividades culturais da vila, como puideron comprobar os que asistiron á presentación do último número da revista Cátedra, número que presentou glosando a historia da revista, que xa vai polo número […]
Antonio Tenreiro Brochón: a mirada desde a xanela

Antonio Tenreiro Brochón foi fillo de Antonio Tenreiro Rodríguez e de Mathilde Brochón Reinmann. Arquitecto de profesión como o seu pai e pintor de vocación, naceu en 1923 na Coruña e morreu en 2006. Con motivo de cumprirse 100 anos do seu nacemento organizouse na sala de Exposicións do Palacio Municipal da Coruña, nos pasados […]
De Concellos e reloxos

A palabra concello fai referencia tanto ao órgano de goberno dunha vila como ao edificio que o alberga, denominado na Idade Media “casas do concello” e, posteriormente, tamén “casas de audiencia” ou, con máis frecuencia, “casa do concello”. Nun principio o común ou os rexedores municipais reuníanse en prazas, igrexas ou pórticos das mesmas. Os […]
A fundación do mosteiro de Monfero

De moitos mosteiros descoñecemos os seus primeiros pasos. Afortunadamente para o caso de Sta. María de Monfero contamos cos escritos, denominados memoriales, de frei Bernardo de Cardillo de Villalpando (1570-1637), monxe comisionado para ordenar os arquivos dos mosteiros cistercienses hispánicos. Cronista de Sobrado, Cardillo de Villalpando foi considerado por Mauricio Carbajo como un investigador rigoroso […]
O feminismo no semanario Ecos do Eume

Revolución Francesa e Revolución Industrial son os dous grandes procesos transformadores da humanidade na denominada Idade Contemporánea. Da Independencia de EEUU e da Revolución Francesa, ambas as fillas da Ilustración, arrinca o liberalismo e as derivacións que conflúen nos sistemas democráticos. O nome de Revolución Industrial quería poñer de manifesto que os procesos que desde […]