As portas

Penso escribir sobre as portas e lembro de súpeto unha canción de Pedro Guerra: “Daniela por dentro está llena de puertas/ unas cerradas, otras abiertas”. Seguro que Daniela non é un caso raro; todos estamos cheos de portas que imos abrindo ou pechando segundo a ocasión e as circunstancias. Hai algunhas portas, desas interiores, que […]
O reguetón e a ecpatía

Teño unha veciña á que lle gusta moito o reguetón, supoño que saben de que falo. O reguetón, leo na rede (los40.com), é un xenero musical que nace nos anos noventa do pasado século nas barriadas de Panamá e Puerto Rico como unha variante do “reggae” e do “Hip-Hop” en español. Influído por ritmos latinos, […]
Facer memoria

Ás veces é conveniente parar un intre, xirar sobre un mesmo e mirar cara atrás. Non por medo a que nos estea seguindo algún indesexable nin para certificar que todo segue igual tralo noso paso, non; mirar para vernos vir, mirar para saber de onde procedemos e que pasos viñemos dando ao longo de todos […]
As listas

Facémolas e habitámolas. Somos autores e integrantes. Non podemos vivir sen a orde que nos proporcionan. Nin nós nin a sociedade. Se se fixan, a vida está organizada sobre os seus tramados. Podemos pedir que nos saquen dalgunha, o que non sempre é doado, pero será imposible que non esteamos noutras, que fiquemos fóra de […]
O outono que vén

Estabamos de vacacións e procurabamos non pensar moito no futuro, pero os vixías insomnes non deixaban de advertirnos día tras día: o outono vai ser duro, moi duro. E o inverno… ai, o inverno. Pero nós, ao noso: praia, viaxes, cervexa, festas, troula xeral. Coma se non houbese un mañá. Os vixían abaneaban a cabeza […]
A actualidade

Cando falamos da actualidade falamos do que está pasando ou nos está pasando no tempo presente, nese tempo tan fugaz que moitas veces ata non somos quen de percibir. Facemos o propósito de vivilo con intensidade, de zugalo ata o óso, pero cando nos damos conta, e no mellor dos casos, xa só o podemos […]
Nos seus zapatos

Ando pensando estes días que a xente debe de estar profundamente cansada de mirar aos demais, de botar conta do que senten, do que razoan e do que anhelan, como se tivesen unha borracheira de fatiga por compaixón. Román vive nun albergue dende que a pandemia acabou co seu traballo, a súa casa en propiedade […]