No centenario da morte do Dr. Constantino Horta e Pardo

Cúmprense cen anos do falecemento na Habana dun intelectual natural de Pontedeume, cunha traxectoria vital cosmopolita en grao sumo interesante, que viviu dacabalo dos séculos XIX e XX. Naceu na casa familiar da praza da Angustia, o vinte e un de maio de 1860. Foi bautizado na Igrexa parroquial da vila de Pontedeume polo párroco […]

Cociña democrática

Temos na casa ese todopoderoso utensilio de cociña, a Thermomix. E usámola moito. Con ela todo é doado e nada pode saír mal, sempre que posúas unhas mínimas competencias dixitais. De cativo lin todos os libros de Guillermo Brown, o personaxe de Richmal Crompton, aquel neno dun pobo inglés que, co seu grupo de amigos, […]

Latiguillos, ruído e ocorrencias

O próximo 23 de xullo estamos convocados para elixir os representantes da soberanía popular: elección das Cortes Xerais,  Congreso e Senado. Os distritos electorais son as provincias, e na Coruña elíxense oito deputados e vinte e tres en toda Galicia (6,57%) dos 350 que compoñen o Congreso de Deputados. Ademais, elíxense catro senadores por cada […]

Sobre a velocidade

Como nos pasados días, a propósito do exceso perpetrado por un coñecido político do país, falouse dela polos medios adiante, hoxe vou escribir sobre a velocidade. E escribir rápido, en pouco tempo, para sentila formigar nos dedos, pero, iso si, sen transgredir normas nin limitacións. Respectando. Atendendo ás prescricións da educación vial, da sensatez sintáctica. […]

Juan José Roberes, sacerdote eumés entre o social e o poético

Descoñecemos as razóns polas que Juan José Roberes Rodríguez, cando tiña 19 anos, a pouco de morrer o seu pai e tendo cursando catro anos de carreira eclesiástica, emigra a Cuba, sendo membro dunha familia con recursos económicos. O certo é que en Cuba termina de formarse, chegando a ser cóengo doutoral da catedral da […]

Cara onde ir?

Estábamos un amigo e máis eu ceando en Santiago, na Tita, tortilla. Había tempo que non nos víamos e falamos un pouco de todo, incluídos os fillos. Sostiña el o habitual: que o que estaba claro é que tiñan que estudiar ciencias, porque as letras estaban máis moribundas que nunca; e puña por exemplo o […]

Malos hábitos

Cementerio Catabois arcos

Hai poucos días volvín ao cemiterio, ao municipal, a Catabois. Xa había meses que non ía. O motivo, naturalmente, era triste. Logo, así que marchou a xente, fomos ver, os nenos, os meus pais e nós, as tumbas dos meus catro avós. Os cativos levaron unha sorpresa con algúns dos apelidos e coas datas de […]

Momentos estelares

Di Stefan Zweig no prólogo á obra da que recollemos parte do título que todo o esencial e durable na creación humana é produto de poucos e extraordinarios momentos de inspiración; ninguén pode ser artista a tempo completo. E o mesmo lle ocorre a historia: para que acaeza nela un momento estelar, continúa, é preciso […]

A situación das empresas do IBEX 35 en 2021

A presidenta de Inditex, Marta Ortega e o conselleiro Óscar García Maceiras na Xunta Xeral de Accionistas da compañía - INDITEX - Arquivo

A primeiros de marzo deste ano presentouse o estudo Evolución de indicadores de bo goberno nas empresas do IBEX 35 durante o exercicio 2021. Neste informe que elabora anualmente a Fundación 1º de Maio en colaboración coa secretaría de políticas públicas de CCOO, analiza a información sobre bo goberno, fiscalidade, calidade do emprego e retribucións […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.