• POLÍTICA
  • SOCIEDAD
  • ECONOMÍA
  • CULTURA
  • OPINIÓN
  • EN FOCO
jueves, marzo 30, 2023
  • Mi cuenta
  • Mi cuenta
Enfoques
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL
No Result
View All Result
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL
No Result
View All Result
Enfoques
  • Mi Cuenta
  • Mi cuenta
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL
Home FIRMAS Portorosa

A Betanzos ao médico

Portorosa Autor Portorosa
16 marzo, 2023
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Fun a Betanzos ao médico. Como ten ido a miña familia moitas veces dende a aldea. Betanzos foi sempre o principal centro urbano de referencia tanto para os de Irixoa como, aínda que menos, para os de Aranga. Ségueo sendo, para os poucos que me quedan alí.

Sento nunha terraza, despois, a tomar un café. Sérvenmo nunha cunca de Sargadelos, azul e branca. O camareiro ten pinta de dono de libraría. Vai unha mañá preciosa, quenta o sol e na praza do Campo vese xente. É venres. A cafetería está no baixo dun edificio como poucos debe de haber en Galicia. Coas súas mansardas parece traído dun bulevar parisino. Nel viviron os ubicuos irmáns García Naveira, di unha placa na fachada. Nótase ben que é unha placa antiga, porque nela os nomes destacados son os dos homenaxeados: as de agora deixan claro quen as puxo. Paréceme un luxo poder sentar alí, e dou gracias por que o inmoble non correra a mesma sorte ca tristemente desaparecida casa de Dona Águeda, aquela xoia que alguén, nos urbanisticamente ominosos anos setenta, decidiu que era prescindible.

Saco o libro e leo un pouco, pero váiseme a cabeza a outras cousas.

Publicidad

A Betanzos ía Carmen, a tía do meu pai, a vender queixos. Tiña que ir coller o bus á carretera general. Meu pai esperábaa na casa. Tamén cando volvía de Guitiriz. Esperábaa con ansia, porque da cesta que levaba na cabeza, de entre o café, o azucre, o aceite e outras provisións, sobresaía o xornal, que meu pai devoraba, lendo ata os anuncios por palabras. Tamén da aldea da familia da miña nai vendían algunha cousa. E compraban, todos compraban na feira. O seu tío baixaba a outra, a da Viña, a cabalo, cun traxe de pana –como a miña chaqueta de hoxe-, un sombreiro e as alforxas. Outro mundo, para min.

Ao meu tío avó non o coñecín, pero a Carmen si, moito. E pregúntome que pensarían todos eles se souberan que un sobriño neto ía estar alí sentado lendo e tomando café, cun libro sobre as pernas cruzadas, un señorito feito. Outro mundo, para eles.

Miña filla Paula di que os vellos lle dan pena. A súa soidade. Cóntolle que a uns amigos púxoselles a nai moi mal. En pouco tempo pasou de valerse soa a perde-la cabeza e precisar de axuda para todo. E entón, coa chegada do drama, xorden as miserias. Non as materiais, neste caso, por sorte para todos, pero si as sentimentais: nas reaccións dos irmáns vese de todo. É sabido: os nosos pais, quitando a primeira infancia, no son a nosa

vida. É unha lei natural, e supoño que querer máis ás crías que aos proxenitores forma parte do mecanismo de conservación de calquera especie, pero é unha lei inxusta. A nai, que daría todo por eles, que daría literalmente a vida por calquera deles, de súpeto, para algúns, está de máis, sóbralles un pouco, xa. Tanta asimetría no amor ten que ser difícil de asumir. Se non soase fatal, diría que, ás veces, a demencia ou o alzheimer protexen de profundos desenganos.

Ningún dos meus avós coñeceu aos meus fillos. Para os cativos, non son máis que referencias vagas sen moito peso. E penso eu, sen embargo, o que daría calquera dos catro por coñecelos, por pasar unha tarde con eles, por telos no colo. Compréndoo, pero non podo evitar ve-la inxustiza que hai en recibir tan pouco cariño de volta.

Como a Paula, a min tamén me dan pena: vellos pasando sos os días, esperando que algunha vez soe o teléfono da entrada e sexamos nós.

También te interesa

Controlado el incendio que afecta a las parroquias de Galdo y Viveiro

30 marzo, 2023

Ferrol se prepara para regresar al Siglo de las Luces

30 marzo, 2023
La alcaldesa, Margot Lamela, ofreciendo una charla sobre el reciclaje de aceite | CONCELLO DE CEE

Cee impulsa la recogida puerta a puerta de aceite de cocina

30 marzo, 2023

A Deputación e o Concello completarán o desdobramento e humanización da Avenida Infanta Elena

30 marzo, 2023

Noticias del momento

Un vecino de Ferrol paseando a su perro en una especie de trineo | @CECIARMY

El viral y emotivo vídeo del perro ferrolano que pasea en un trineo

28 marzo, 2023

Regresa la histórica gasolinera de As Pías con una nueva zona de hostelería

30 marzo, 2023
Presentación da Festa da Merluza do Pincho

Viveiro recibiu da Deputación máis de 4 millóns de euros para investir en obras, servizos e promoción turística

28 marzo, 2023
Imagen de archivo del grupo 'Unión y Fuerza'

La Alameda de Ortigueira acoge este sábado la ‘Festa da Xuventude’ con la música como plato principal

28 marzo, 2023
Imagen de archivo de la planta de alúmina de Alcoa, en San Cibrao | EP

Alcoa ingresará en la nómina de mayo la prima de 1 millón de euros para que la plantilla gaste en el comercio mariñano

29 marzo, 2023

Únete a nuestra newsletter

Si te suscribes a ENFOQUES.GAL recibirás las noticias más destacadas en tu correo electrónico

¡QUIERO SUSCRIBIRME!

Secciones

  • POLÍTICA
  • SOCIEDAD
  • ECONOMÍA
  • CULTURA
  • OPINIÓN
  • EN FOCO

Sobre nosotros

ENFOQUES.GAL es un proyecto informativo gallego que pone en valor la política, la cultura y la economía local.

  • Política de cookies
  • Política de Privacidad
  • Contacta

© 2021 Enfoques.gal - Enfócate en lo local

No Result
View All Result
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL

© 2021 Enfoques.gal - Enfócate en lo local

¡Bienvenido de nuevo!

INICIAR SESIÓN CON FACEBOOK
INICIAR SESIÓN CON GOOGLE
O

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Inscribirse

Crear una nueva cuenta!

INICIAR SESIÓN CON FACEBOOK
INICIAR SESIÓN CON GOOGLE
OR

Complete lo formulario para registrarse

Le informamos que los datos personales que nos facilite voluntariamente, a través de los distintos formularios del sitio web, serán tratados por ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL con domicilio en AVDA FINISTERRE 3 3DCHA, 15004 – A CORUÑA, que cumple con las medidas de seguridad exigidas por la legislación vigente de Protección de Datos Personales. La finalidad de este tratamiento es la descrita en cada uno de los formularios establecidos en el sitio web en el que nos ha facilitado sus datos.

Los datos facilitados no serán cedidos a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal, y se conservarán durante el tiempo necesario para atender su solicitud siempre que no indique lo contrario ejerciendo su derecho de cancelación, o durante el tiempo necesario para cumplir con las obligaciones legales.

ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL no elaborará ningún tipo de “perfil”, en base a la información facilitada. No se tomarán decisiones automatizadas basadas en perfiles.

Publicidad

Asimismo, ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL cancelará o rectificará los datos cuando resulten inexactos, incompletos o ya no sean necesarios para su finalidad, de acuerdo con lo previsto en la legislación vigente en Protección de Datos de Carácter Personal.

A menos que nos notifique lo contrario, entendemos que sus datos no han sido modificados, que acepta notificarnos de cualquier cambio y que damos su consentimiento para su uso para mantener la relación entre las partes.

El usuario podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento, portabilidad de los datos y no estar sujeto a decisiones individualizadas, automatizadas, en relación con el objeto de tratamiento, ante el responsable del tratamiento en la dirección antes mencionada o por correo electrónico a [email protected] En el caso de que no haya obtenido satisfacción en el ejercicio de sus derechos, puede presentar una reclamación ante la Autoridad Supervisora ​​de Protección de Datos competente y cuyos datos de contacto se encuentran accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsfa.

ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL adopta las medidas técnicas, organizativas y de seguridad correspondientes de acuerdo con la normativa vigente en Protección de Datos de Carácter Personal. Sin embargo, no asume ninguna responsabilidad por los daños y perjuicios que se deriven de las alteraciones que terceros puedan ocasionar en los sistemas informáticos, documentos electrónicos o ficheros del usuario.

De conformidad con lo dispuesto en la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico en su artículo 21, le solicitamos su consentimiento para poder realizar comunicaciones publicitarias que consideremos que pueden ser de su interés, por correo electrónico o por cualquier otro significa comunicación electrónica equivalente.

Si autoriza el envío de información/publicidad y no desea seguir recibiendo más información al respecto, tiene derecho a oponerse y/o retirar dicho consentimiento, en cualquier momento, mediante notificación por escrito o por correo electrónico a la dirección/es previamente indicada/s.

Mostrar la política de privacidad

Iniciar sesión

Recupera tu contraseña

Ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión