Luz, máis luz!

Dous homes falan na cociña dunha casa. Falan, por enésima vez, do que fan. Do que fan para vivir: un pinta e o outro pesca. So fan iso, cada un deles, sen excepción: un nunca tivo máis mañas ca da pintura, e o outro nin intentou adiviñar se as tiña ou non e pesca, come […]
Académicos e mafiosos

Xa hai moitos anos que unha amiga que tiven, unha rapaza canaria que despois volvín ver en Granada e, por sorpresa, unha última vez, en Palermo, me regalou un marca páxinas (é o único que colecciono: marca páxinas) cunha frase que daquela aínda non estaba tan vista como agora: As grandes mentes falan de ideas, […]
Fuxe da escuridade

Vai boa que xurdiron, procedentes, como tantas cousas, de Estados Unidos, os libro de autoaxuda, que pronto pasaron de caber nunha pequena balda nas librarías a encher unha das seccións máis visitadas. Co tempo, e da man da evolución descendente da capacidade de atención do público, foron dando paso a versións máis accesibles e menos […]
Desfrutar con présa

Un amigo que traballa en hostalería tenme comentado xa varias veces a súa sorpresa, o seu desconcerto, fronte a certa actitude de algúns dos seus clientes cando están a tomar algo: teñen présa. Xente que, en principio e salvo contadas excepcións, nese momento está desocupada, desfrutando da tarde, da fin de semana ou mesmo das […]
Suite

Hai pouco, polo meu aniversario, regaláronme Suite francesa, unha novela escrita por Irène Némirovsky, unha muller que ben podería escollerse, dadas as súas circunstancias, coñecendo a súa vida, como –triste, tráxico- resumo da historia de boa parte de Europa no primeiro terzo do século pasado. Primeiro dato: Némirovsky era xudía, dunha familia con cartos que […]
Máis teoría

“Todo aquelo que unha persoa ignora non existe para ela. Por iso o universo de cada un limítase ao tamaño do seu saber”. Einstein, disque.
Non es ti, son eu

Non sei se habería algunha época posterior ao Neolítico na que non se tivera a sensación de estar a vivir unha crise existencial, un momento histórico. Imaxino que non, que, ao cabo, a historia non é máis que unha sucesión precisamente diso, de momentos históricos. Incluído o actual, dende logo. Un momento, o presente, no […]
Coma un rapaz

O feito de non ter estudiado en Santiago, nunca sei moi ben como me afecta: se, ao non ter moitas experiencias persoais alí, ao non ter as lembranzas que dan os anos de carreira, iso me impediu construír un vínculo profundo coa cidade, e polo tanto véxoa superficialmente, coma un visitante calquera; ou, polo contrario, […]