A caza do submarino nazi U-966 en Estaca de Bares

O U-966 durante o ataque aéreo en Estaca de Bares (USAF/Wikimedia Commons)

O 10 de novembro de 1943 Estaca de Bares foi testemuña da cruenta batalla entre o submarino nazi U-966 e diversos bombardeiros aliados. Esta é a historia do destino do submarino e do seu capitán, Eckehard Wolf, e de como este acabou ligando a súa vida e máis tarde a súa morte a este recuncho […]

O pan de barco e as Reales Fábricas de Bizcocho de Neda do século XVII

Real Fábrica de Bizcocho de Neda, 1639

As Reales Fábricas de Bizcocho de Neda produciron durante o século  XVII o principal alimento da mariñeiría e a tropa embarcada na ría de Ferrol, o pan de barco ou galleta mariñeira, xerando unha importante industria do pan que chegou ata os nosos días. Aínda que a Contraarmada, o ataque inglés de 1589 capitaneado por […]

Cando un obelisco exipcio acabou por accidente en Ferrol

Travesía do "Cleopatra" dende Alexandría ata Ferrol

Londres, como calquera outra capital colonial que se prece, tamén ten o seu pedaciño de Exipto. Este atópase na ribeira do Támesis, nun lugar chamado Vitoria Embankment, en Westminster, e trátase da Agulla de Cleopatra, un obelisco de granito de 21 metros de alto e máis de 200 toneladas de peso, cunha antigüidade de máis […]

Cando o maior científico de todos os tempos corrixiu a posición de Ferrol no mapa

Ilustración do científico Alexander  von  Humboldt nas costas de Ferrolterra realizada por Roberto Hernández

En maio de 1799, á espera de marchar cara a maior exploración científica da historia, Alexander von Humboldt, xeógrafo, astrónomo, humanista, naturalista, explorador, pioneiro do pensamento ecolóxico e o primeiro en escribir sobre o cambio climático, en fin, un dos máis grandes científicos de tódolos tempos, aproveitou para corrixir a posición de Ferrol no mapa […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.