A quinta edición do Premio Verde 2026 que se celebra anualmente foi concedido a un grupo de cineastas galegos este xoves en Madrid pola súa colaboración activa en movementos sociais e ecoloxistas con respecto ao territorio natural.

A ceremonia tivo lugar na sede da Academia de Cine onde algúns dos protagonistas foron Nerea Barros, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Manuel Rivas ou Isabel Risco en representación dun colectivo máis amplo polo seu compromiso fronte ao proxecto industrial Altri, en Palas de Rei, con organizacións veciñais de Greenpeace ou Ulloa Viva.
Outros premiados como foron Martiño Rivas, Luis Tosar, Miguel de Lira y Luis Zahera non puideron asistir por compromisos laborais. Miguel de Lira e Luis Zahera interviñeron vía vídeo para resaltar a ilusión que lles facía que fose un premio colectivo para todos os compañeiros e compañeiras.

Con esta nova celebración, ambas entidades quixeron poñer o foco á importancia do papel de personaxes públicos para promover unha intervención activa no compromiso co territorio.
