Unha pizzería galega fai historia ao situarse entre as quince mellores de Europa

Unha pizza feita en Santiago de Compostela con produtos e sabores galegos, ocupa o posto catorce dentro das mellores pizzas de Europa
SaveClip.App_730382008_18078039086667562_6605436062378957610_n

O espazo gastronómico El Dieciocho, no Outlet Área Central de Santiago, conta agora cunha das mellores pizzerías de Europa grazas ao compostelán Julio Gómez.

A prestixiosa guía 50 Top Pizza, considerada referencia mundial no sector, anunciou xa a clasificación das mellores pizzas deste ano 2026 a nivel europeo. Situando a mellor pizza en Londres, o espazo galego de Oura Pizza pode presumir do seu posto número 14 do continente, e do cuarto a nivel España. Desta maneira, o establecemento convertese na única pizzería galega do ranking europeo.

Ademais, a guía tamén recoñeceu o traballo do equipo de Oura Pizza con outras dous distincións: Perfomance of the Year e Green Oven 2026, onde valoran tanto a evolución do proxecto como o seu compromiso cunha cociña máis sostible.

Que leva a mellor pizza galega?

O establecemento de Julio Gómez trata de amosar a conexión entre Galicia e o sur de Italia, moi conectados por unha forte tradición de emigración. O cociñeiro, antes afincado en Barcelona, volveu á súa terra para mellorar a súa pizza con método, experiencia e respeto pola tradición.

Deste xeito, a pizza gañadora amosa a gran calidade do produto galego. Sobre unha base de umami poden atoparse produtos como o porco celta, o bonito de burela, os pementos de padrón, e queixos como o Galmesano ou o azul de San Sadurniño. Xunto a esta selección de pizzas, Oura Pizza ofrece unha carta de viños que percorren Galicia e postres tamén vinculados á comunidade como tartas de queixos locais ou tiramisús con crema de oruxo.

A morriña devolveulle a Galicia

Tal e como din eles, non se pode falar de Oura Pizza sen falar de Cruel Pizza. As orixes da pizza de Julio Gómez remóntanse a 2021, en Pineda de Mar (Barcelona). Na cidade condal o cociñeiro traballaba con take away con produccións limitadas e sempre baixo reserva. Pouco tempo despois, o establecemento conseguiu un posto entre as 100 Mellores Pizzas de España por Madrid Fusión.

O local, tanto en 2024 coma en 2025, xa conseguira entrar na guía do Top 50 como unha das Mellores Pizzerías Independentes de España e tamén na categoría de Pizzería Excelente de Europa.

Tras isto, o chef pizzaiolo decidiu volver a súa cidade, Santiago de Compostela, co obxectivo de traer unha pizza de máximo nivel coa que puidera crear unha ponte entre a cidade, a xente e o produto local.

Agora, o Oura Pizza, situado no establecemento El Dieciocho, ten un obxectivo claro: conseguir situarse dentro das 100 mellores pizzerías do mundo na próxima gala 50 Top Pizza World 2026 do 15 de setembro en Nápoles.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.