Ondiñas veñen

24-coronavirusw

Encontrámonos xa na quinta onda pandémica. Isto significa que, dalgunha maneira, vivimos cinco veces a mesma situación, como un déjá vu constante, que cando pensas que rematou, volve de novo con forza.

Algo así como o día da marmota. Recordo algunhas películas nas que aos protagonistas lles concedían o desexo de repetir un día ou unha época da súa vida, pero contando coa información que tiñan na actualidade. É dicir, un choio, vivir algo de novo sabendo o que sabes agora.

Pois isto aplicado á pandemia debería de ser sinxelo tamén. Máis información, máis coñecemento, máis vacinas, máis de todo…e menos sentido común. Xa o dicía miña avoa: “chámanlle sentido común pero é o menos común dos sentidos”. Pois teño que darlle a razón.

Sabemos ben que a xente está esgotada, e que os sentimentos de incerteza e medo da primeira onda, foron mudando por rabia, decepción, indefensión, etc. nas seguintes, pero nesta quinta usemos a nosa intelixencia. Deixemos o egoísmo atrás e unha ilusoria percepción de que somos intocables por ter no corpo Pfizer, Moderna, Astrazeneca ou Janssen. O único certo é que fronte ao virus e as súas múltiples cepas, quen máis ou quen menos é tremendamente vulnerable.

Non hai forma de dicir isto sen que soe impopular, pero é moi posible que este non sexa o mellor momento para ir de vacacións ao outro punto do país, tomar todas as cervexas que che gustaría no teu local favorito, compartir unha botella de xenebra cos teus colegas nun botellón de praia, ou casarte cun convite de 150 persoas.

Tendo en conta que che gustaría vivir no 2022 con todas e todos os que queres, ao mellor hai certas restricións individuais e colectivas que son xustas e necesarias.

Nunha sociedade na que pensamos que somos o embigo do mundo, a ver se somos capaces de solidarizarnos co resto de embigos. Senón, desta non nos salva nin a ciencia nin a Virxe de Guadalupe, porque ¡ondiñas veñen!

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.