• Ferrol
  • O Eume
  • Ortegal
  • Contacta
miércoles, enero 20, 2021
Enfoques
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes de García Rodríguez
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedade
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión
No Result
View All Result
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes de García Rodríguez
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedade
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión
No Result
View All Result
Enfoques
No Result
View All Result
Home Opinión

Reflexións dun viaxante | Vinte-Vinte

Autor Nicanor Tischler
18 diciembre, 2020
en Opinión
0
0
COMPARTIDA
32
VISTA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Adeus. Empezo así, como se rematase, dicíndoche a única palabra que mereces, un adeus contundente e sentido, un adeus maiúsculo. Sei que é precipitado, que aínda che quedan uns días por diante e estás en plena disposición de aproveitalos con algunha outra tortura individual ou colectiva, pero é o que preciso dicir, o que me urxe, consciente de que esa urxencia na despedida non se vai ver correspondida cun adianto na túa desaparición. Marcharás cando che toque, cando chegue o que virá para relevarte, e ata ese intre non nos quedará máis remedio que aturarte, con prevención e sen confianzas. Co corazón nun puño.

Ninguén contaba, alá cando naciches, que ías saír así como saíches, tan desalmado. Ningún vaticinio foi quen de calibrar, sequera dun xeito aproximado, a medida da túa crueldade. E iso que empezaches ben cedo a manifestarte. Ou non nos lembramos xa dos incendios de Australia?, dos milleiros de animais afectados, do estrago medioambiental que aquilo supuxo?

Aínda eras unha criatura de días pero xa sabías marcar territorio, meter medo, avisar de que non estabas aquí para pasar inadvertido, para ser un máis, un deses que só deixan historias locais, catástrofes individuais, un regueiro asumible de desgrazas compensadas, feridas que acaba por mitigar, ou por curar, ou por borrar o tempo. Non, ti chegaches ao grande e ben axiña empezaches a emitir mensaxes terroríficas.

Culpa nosa, pensarás, se non as soubemos interpretar como era debido, ocupados como estabamos con outras miudezas axigantadas por algunha sorte de atrofia ocular ou intelectiva.
Culpa nosa, si, pero non me digas que ti non tes ningunha, que ti só pasabas por aquí, que a vosa misión é só esa, pasar, e que nada do que nos pase mentres pasades é responsabilidade vosa. Non, non me digas iso.

Tería que darche a razón e non quero. Non me digas que ti só es produto dunha convención numérica que nós mesmos creamos, un corte preciso no descorrer do tempo, un marco, unha entidade artificial que nos permite organizarnos, non me digas todas esas verdades porque tería, xa digo, que darche a razón e non quero darche nada, ou só unhas pingas espesas de desprezo. Por che dar algo. E por desafogarme.

O teu nome, ese vinte-vinte que ata semella exótico ou aventureiro, quedará para sempre xunguido ao do bicho maldito que tanto dano fixo e segue facendo. Aínda que sexa o teu antecesor o que figure gravado na denominación oficial da enfermidade, serás ti o que quedarás sinalado, será a ti a quen lembremos arrepiados cando miremos atrás dende a distancia, será a ti a quen subliñen os libros de historia.

Podes estar contento! Podes marchar satisfeito! E non, non me digas que algunha cousa positiva tamén deixas. Seguro que si, pero non mo digas. Sexa o que sexa, non pode valer moito fronte á magnitude da traxedia..

Puideches ser doutra maneira, pero fuches así, xa non hai que facerlle. Así que adeus. Esa é a única palabra que quero dirixirche. E non fai falla que me contestes. Adeus.

Artigos Relacionados

Portorosa | Para isto era

15 enero, 2021

De vulnerables, sociais, intelixentes e invisibles

6 enero, 2021

Entre Perbes e Almieiras | Unconditional Waltz

19 diciembre, 2020

Educar no fracaso

16 diciembre, 2020

Portorosa | O galego non mola

16 diciembre, 2020

Máis alá da paixón

25 noviembre, 2020
Anterior noticia

Valdoviño reabre su renovada biblioteca municipal el próximo lunes

Siguiente noticia

“Neda ofrece mucha más calidad de vida a un menor coste”

Siguiente noticia

“Neda ofrece mucha más calidad de vida a un menor coste”

Compartir en FacebookCompartir en TwitterWhatsapp
Nicanor Tischler

Nicanor Tischler

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Noticias del momento

La Xunta eleva al nivel de máximo riesgo nueve concellos del área de Ferrol

18 enero, 2021

La Xunta adelantará el toque de queda en cuanto sea posible

19 enero, 2021

Endesa anuncia que cierra definitivamente la planta de As Pontes

19 enero, 2021

El área de Ferrol tiene más contagiados por coronavirus que nunca

19 enero, 2021

El Sergas confirma la muerte de otras cuatro personas por covid en área de Ferrol

18 enero, 2021

Suscríbete a Enfoques

Se queres recibir as noticias de Enfoques no teu correo podes suscribirte no seguinte botón
SUSCRIBIRSE

Seccións

  • Actualidade
  • Cultura
  • Entrevistas
  • Economía
  • Deportes

Sobre nós

Enfoques Ferrolterra é un proxecto informativo galego que procura poñer en valor a política, a cultura e a economía local.

  • Ferrol
  • O Eume
  • Ortegal
  • Contacta

© 2019 Enfoques.gal - Enfócate no local

No Result
View All Result
  • Ferrol
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Ferrol
    • Fene
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
  • O Eume
    • A Capela
    • As Pontes de García Rodríguez
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañón
    • Ortigueira
  • Provincia
  • Política Local
  • Economía
  • Sociedade
  • Cultura
  • Deportes
  • Opinión

© 2019 Enfoques.gal - Enfócate no local

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In