Cariño celebrará unha macrofesta de cumpleaños tralo confinamento

O Concello quere homenaxear a todos os nenos que non pudieron festexar o seu aniversario durante o estado de alarma
pump-it-up-party-2-800x600

O Concello de Cariño emitiu un bando municipal ‘infantil’ no que acorda que cando finalice o estado de alarma e o confinamento, vai celebrar a maior festa de aniversarios da historia de Cariño, en honor aos que non puideron facelo durante este tempo. «Será unha macrofesta chea de chuches e xogos á que estarán convidadas todas as nenas e todos nenos do noso concello”, explican.

O bando infantil, que se emitiu como un bando ao uso, destaca que “despois de estudalo e consultado con moitas familias, e aténdonos ás probas evidentes, constatamos que as nenas e nenos de Cariño están a ser os máis responsables da provincia, Galicia, España e o mundo mundial durante esta corentena, cumprindo con todas e cada unha das normas do estado de alarma, e achegándose claramente ao nivel de superheroínas e superheroes”.

O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, explicou que “o obxectivo desta iniciativa é recoñecer o esforzo que están a facer os máis pequenos e animalos a que sigan así”.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.