Cariño dota de acceso a internet a parte do seu alumnado para as clases on-line

A empresa local de telecomunicacións Martul foi a encargada de suministrar as conexións
EA46ELCZ2REAHHNVWUE4HUULCI

O Concello de Cariño vai habilitar o acceso a internet a un grupo de alumnos pertencentes os centros educativos do municipio, tanto do CEIP de Cariño como do IES Cabo Ortegal que carecían do mesmo. E vaino facer en colaboración co provedor local de telecomunicacións Martul.

O Concello detectou que había nenos e nenas que non tiñan conexión a internet nas súas casas e os alumnos non estaban a poder acceder a descargar as actividades que lles asignaban desde os centros educativos. Por este motivo, acordouse coa dirección do centro o solicitar que a Xunta de Galicia cubrise estas necesidades, pero non houbo resposta, polo que o Concello púxose en contacto co provedor de telecomunicacións local Martul, quen se brindou a «colaborar altruistamente en todo o que supuxo crear o acceso a internet en todas estas casas así como o seu mantemento», explicaron dende o goberno local.

“Xa se realizaron case todas as instalacións, que se acabarán estes días, atendendo primeiro os casos considerados máis urxentes. Faise a través da rede WiMAX/Wimax na maioría dos casos, excepto nalgún no que se terá que instalar un acceso 4G ordinario”, sinalouo alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar. O rexedor defendeu que » a pesar de que a educación é unha competencia exclusivamente autonómica non podiamos permitir que estas circunstancias excepcionais que estamos a vivir fagan que algún alumno póidase quedar descolgado e non teña ao seu alcance o mesmo nivel de educación que o resto”.

Relacionadas