Dende o pasado 28 de agosto unha estafa telefónica que se está a producir na localidade. Segundo afirman dende o goberno local, varios veciños denunciaron unha estafa motivada polos novos casos de Covid-19 no municipio.
O Concello de Cerdido quixo mentir esta noticia, onde supostamente unha empresa está a colaborar coa administración local recabando información e datos persoais da veciñanza para facer unha enquisa e a maiores deixar material de prevención fronte o coronavirus.
Dende a casa consistorial insisten en que a xente sexa moi cautelosa á hora de aportar os seus datos persoais ante esta nova estafa que está aproveitando a actual crise sanitaria e a colaboración local para sacar lucrarse economicamente.
“Agradecémosvos tamén que informedes aos vosos veciños e veciñas que non teñen acceso ás redes sociais, sobre todo persoas maiores, para que tomen as medidas de precaución axeitadas. Grazas a todos pola vosa colaboración”, advertían dende o Concello fronte a esta ameaza.
Discussion about this post