Comeza a obra de reparación da cuberta da Biblioteca municipal de Ortigueira

Os traballos solucionarán os problemas de humidades e filtracións de auga no edificio
54f02bf0-de79-452b-b841-94742f591d93

O Concello de Ortigueira informa de que a empresa Sergonsa Servicios SL comezou os traballos de reparación da cuberta da biblioteca municipal Juan Fernández Latorre, unha obra que se executará ao longo das vindeiras seis semanas e que conta cun presuposto de 40.000 euros. Os traballos se financian con cargo ao POS do 2019 da Deputación da Coruña.

Trátase dunha intervención moi necesaria para mellorar a habitabilidade do edificio, que presenta importantes danos como consecuencia das filtracións de auga derivadas do mal estado das baixantes. A obra executarase na parte oeste da biblioteca, desmontando as tellas e os caleiros e conducións que necesitan ser substituídos, colocando outros de zinc, que eran os orixinais deste inmoble de estilo modernista.

As vigas e resto de elementos de madeira que o necesiten serán cambiados tamén por outros do mesmo material e instalarase ademais unha nova cuberta de tella con impermeabilización previa. Na entrada principal desmontarase o falso teito substituíndoo por un novo e pintarase o perímetro da entrada con pintura antimoho. Polo momento a biblioteca reabrirá ao público exclusivamente para préstamos e devolucións de libros.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.