O Concello de Ortigueira pon en marcha un proxecto para favorecer a compostaxe caseira

O goberno local conta con 150 composteiros, 100 caldeiros, 85 aireadores e 150 termómetros para os veciños e veciñas interesados
bigstock-hands-emptying-a-container-ful-204382108-1

O Concello de Ortigueira publicará a semana que vén as bases para que os veciños e veciñas da localidade interesados poidan participar no proxecto de compostaxe caseiro que se poñerá en marcha na vila co obxectivo de reducir e reutilizar os refugallos domésticos, dándolles un valor engadido como abono orgánico.

A través dunha subvención do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a institución municipal levará a cabo actuacións de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos a través un proceso de compostaxe “in situ”, é dicir, nas propias vivendas, sempre e cando dispoñan dun terreo axeitado.

Entre este ano e o que vén entregaranse ás persoas que se impliquen no proxecto un total de 150 composteiros, 100 caldeiros, 85 aireadores e 150 termómetros para que poidan desenvolver o proceso de compostaxe.

O Concello levará a cabo tamén oito campañas de concienciación e tres xornadas formativas e repartirá 600 dípticos informativos sobre a importancia e beneficios da compostaxe caseira. Ao longo do tempo de duración do proxecto realizaranse ademais 350 visitas de seguimento ás persoas participantes para comprobar a evolución en cada caso e dar as recomendacións oportunas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.