Ortigueira insta aos seus veciños a camiñar polas beirrúas nunha única dirección

O Concello xa marcou nalgúns tramos o sentido da marcha que deben realizar os camiñantes
ortigueiracaminar

Diante do inicio da desescalada do confinamento, o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras recomendou a veciñanza que se adopten medidas de precaución como transitar polas beirarrúas nun único sentido, «xa que deste xeito facilítase o cumprimento do mantemento da distancia de seguridade».

“Queremos darlle especial importancia á circulación dos nosos veciños e veciñas agora que se atoparán e cruzarán polas rúas”, di Penabad Muras, que lembra que as beirarrúas en Ortigueira non son tan anchas como nas ciudades de gran tamaño e polo tanto resultaría difícil respectar a separación coa persoa que veña camiñando de fronte. A intención é “reducir ao máximo os encontros ou contactos en distancias curtas”, subliña, polo que a proposta é que se utilicen as beirarrúas para camiñar na mesma dirección na que o fan os vehículos pola calzada, é dicir, circulando pola situada á dereita no sentido da marcha.

Para facilitar aínda máis o seu cumprimento, nas zonas nas que habitualmente hai máis afluencia de persoas colocarase sinalización no comezo de cada beirarrúa, marcando o sentido da circulación e lembrando a distancia que hai que respectar co resto dos camiñantes, tamén cos que avanzan na mesma dirección.

Protección para os establecementos

Por outra banda, Juan Penabad anunciuo que o Concello ten dispoñible material de protección para as persoas que traballan nos negocios cara ao público e que poderán abrir as súas portas desde o 11 de maio. Os teléfonos 981 402 542 e 604 002 167 funcionan para recibir peticións de material de protección (máscaras e guantes) para a atención nos establecementos comerciais.

O alcalde expresou o seu desexo de que os negocios locais poidan superar a crise canto antes e para iso pide á veciñanza que realice as súas compras no comercio de Ortigueira, sempre cumprindo as medidas de seguridade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.