A tripulación do pesqueiro “Pico da Lebre” foi rescatada onte tras sufrir o afundimento do barco a unhas 30 millas ao nordés de Estaca de Bares. Segundo informo o 112, as 6 persoas a que navegaban a bordo, abandonaron o barco nunha balsa salvavidas.
Foi outro pesqueiro, o “Mendaña”, quen recolleu aos mariñeiros e trasladounos ata o porto de Burela, en Lugo. A raíz deste suceso mobilizáronse as dotacións da embarcación “Salvamar Alioth” e do helicóptero “Pesca II”.
Discussion about this post