Seguindo as indicacións do Goberno de España, tanto a Deputación da Coruña como a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta veñen de reactivar a execución de varias obras públicas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Deste xeito, volveu a actividade ás obras da Fase 1 do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), que teñen un importe de máis de 49 millóns de euros, na construcción do novo centro de saúde de Narón (5,5 millóns de euros), na reordenación sistema viario núcleo As Pontes para cumprimento da Central Térmica da Directiva sobre emisións insdustriais (2,9 millóns de euros) ou a construcción do itinerario peonil e ciclista na AC-116 e na AC-114 ao seu paso por Valdoviño (638.000 euros).
No caso da Deputación, trátase de obras de mellora e ampliación de viais, construción de sendas peonís ou renovación de travesías como ocorre nas estradas que discorren polos concellos de Ortigueira (150.000 euros), Cariño (155.800 euros), Mañón e As Pontes (150.040 euros) ou Cedeira, Cerdido e Valdoviño (176.599 euros).
En Ferrol
No concello de Ferrol retomáronse tamén as obras públicas paralizadas dende o pasado mes de marzo, principalmente a de remodelación da praza de Armas, que xa se atopa na súa fase final, a falta de colocar a última capa de terra e rematar a pavimentación das rúas anexas. Tamén retomáronse os traballos de renovación de fachadas e canalóns nas vivendas de Recimil ou as obras nos xardíns da urbanización da Fenya, en Canido.
Discussion about this post