Ortigueira inviste 650.000 euros en renovación de viais

No último mes o goberno local licitou e adxudicou obras de renovación en practicamente tódalas parroquias do concello
pavimentacion-Ortigueira-3

O Concello de Ortigueira vén de impulsar obras de renovación de viais en practicamente tódalas parroquias do municipio ó longo do mes de abril: os investimentos postos en marcha ascenden ós 648.840 euros, coa licitación de traballos por valor de 356.319 euros e adxudicacións por 292.521 euros. O alcalde, Juan Penabad Muras, destacou a aposta do Goberno local “por mellorar os servizo básicos da veciñanza”, sinalando que “continúase incrementando o número de quilómetros de pistas renovadas grazas á execución do plan de mellora da rede viaria municipal, mellorando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos e a vida cotiá da veciñanza”.

En concreto, adxudicáronse obras para renovar vías en Insua, O Ermo, Céltigos, Loiba, Couzadoiro e San Claudio da man dun proxecto financiado polo Plan Único da Deputación da Coruña. Na Insua rexenerarase a pista que vai de San Miguel a Deveso cun orzamento de 33.082 euros; no Ermo mellorarase a pavimentación Ortigueira inviste 650.000 euros en renovación de viais da pista entre Igrexario e Ramil por 58.759 euros; en Celtigos e Loiba rexeneraranse diferentes pistas cun investimento total de 34.312 euros; en Couzadoiro renovarase o vial de Xorres por 90.643 euros e, por último, realizarase un aglomerado en quente na pista que vai da Bodeguiña a Rocha, en San Claudio, por un total de 75.722 euros.

Novas licitacións

Máis aló destas adxudicacións de traballos que comezarán de xeito inminente, o Concello de Ortigueira vén de sacar a licitación proxectos para mellorar os viais en San Adrián, San Claudio, Mera, O Ermo, As Neves, Cuíña, Devesos, Freires, Couzadoiro, Luama, Ladrido e Loiba por valor de 356.319 euros. Na parroquia de San Claudio renovarase o vial que vai da subestación a Carballo de Boi, na súa intersección coa AC682; na parroquia de Mera de Riba rexenerarase a pista de Torrente; en Mera de Riba e O Ermo renovarase a pista que vai dende a Igrexa de Mera de Riba a Vilar pasando por Pumariño e no Ermo renovarase o vial que conecta Suspenido e Casavella, pasando por Suarriva.

Por outra banda, na parroquia das Neves mellorarase a pista que vai de Vilariño a Corvite, en Devesos rexenerarase a pista de Pontellas, en Freires vaise renovar o vial que vai dende Meixido á AC-101 e en Couzadoiro renovarase a vía que vai de Corbelle a Viduido e a de Acibido. Dentro do mesmo proxecto tamén se rexenerará en Luama a pista de Brandariz, en Ladrido a pista dende Agromaior ata Igrexa pasando por Xuncal e en Loiba os viais de Boca, Grela-Os Portas e a estrada que vai dos Ramos a Rosario. Do mesmo xeito, en San Adrián realizase un aglomerado en quente da pista ded acceso á igrexa, na pista que vai dende Calvario ata Catadoira pasando por Igrexario, cun orzamento de 31.352 euros. Así, realizarse un desbroce previo do terreo para despois crear as zanxas laterais que posteriormente se convertirán en cunetas para a recollida de pluviais. Como seguinte paso colocarase a subbase granular, sobre a que despois se posicionarán a zahorra e a base de macadam.

A seguinte e última fase consistirá na colocación do aglomerado, primeiro en frío e despois en quente, que revestirá o firme final. Por outra banda vaise colocar tamén aglomerado en quente no vial que vai de Rúa a Campo Rozado, en Cuíña, e na que vai dende A Cortiñona e Morouzos, en Luama, por valor de 82.990 euros. Ademais do aglomerado tamén se proxecta o pintado de bandas laterais, o pintado do sinal horizontal de “stop” no encontro do aparcamento de Morouzos e unha cuneta de formigón para a recollida de augas pluviais xunto a unha escollera en Cortiñadona. Así, as obras chegarán a viais en catorce parroquias de Ortigueira: San Adrián, San Claudio, Mera, O Ermo, As Neves, Devesos, Freires, Couzadoiro, Luama, Ladrido, Loiba, Insua e Céltigos, con traballos que permitirán mellorar a seguridade viaria e facilitar as comunicacións tanto internas dentro das parroquias como entre diferentes puntos do municipio.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.