«A súa maxestade, o grelo», anuncia a 40ª Feira do Grelo de As Pontes

O cartel do diseñador Cristóbal Aguiló resultou o gañador do concurso convocado polo Concello.
feiragrelocartel

“A súa maxestade, o grelo”, de Cristóbal Aguiló Domínguez  (Cartaxena) será o cartel anunciador da 40ª edición da Feria do Grelo das Pontes, que se celebrará os próximos días 22 e 23 de febreiro. Un xurado,  composto por Carmen Bellas Vázquez, licenciada en Belas Artes; Alicia Puchades Tella-Villamarín, profesora de educación plástica do IES Moncho Valcarce;  Elena López Seco, concelleira-delegada especial de Turismo, Consumo, Hostalería e Comercio e Lorena Tenreiro Blanco, concelleira delegada especial de Organización Interna e Medios Locais, elexiron,  por unanimidade, a proposta gañadora do concurso de cartaces desta cita gastromómica.

Foron 37 os autores e autoras, procedentes de toda España –As Pontes, Ortigueira, Pontevedra, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía ou Illas Canarias- as que presentaron un total de 56 obras artísticas que tiñan como obxectivo converterse na imaxe oficial da 40ª edición da Feira do Grelo e ser empregada para a súa promoción. O gañador recibiu un premio en metálico de 750 euros.

Os cartaces “Brassica rapa” de Carolina Díguele Parras, “Greliños Frescos” de Isabel Núñez Montero e “Son días de Feria”, de Dulce María López Fernández, foron os cartaces finalistas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.