A illa de Cortegada volve a situarse no foco da investigación científica gracias á identificación dunha nova especie de fungo ata agora descoñecida. A especie descuberta, realizado no marco dun estudio sobre a diversidade de xénero Xylaria nos bosques de laurisilva atlántica europea na USC, foi denominada Xylaria polyphag. Os investigadores destacan que unha das características máis singulares é a súacapacidade para medrar sobre diferentes tipos de materia vexetal, unha particularidad pouco frecuente dentro do seu grupo.

Con este descubrimiento, Cortegada alcanza as sete especies novas para a ciencia localizadas no seu territorio, unha cifra destacable para unha illa de apenas 44 hectáreas. Entre os descubrimentos anteriores figuran distintas especies de fungos que foron identificadas por primeira vez a partir de exemplares recollidos no enclave natural. Os traballos de campo desenvoltos nos últimos anos por especialistas en micoloxía permitiron catalogar máis dun millar de especies de fungos na illa. Segundo os investigadores, esta cifra representa aproximadamente a metade das especies documentadas en Galicia.

Os expertos subliñan que Xylaria polyphaga non só se encontra en Cortegada, senón tamén en outros ecosistemas atlánticos como as laurisilvas de Azores e Canarias ou determinados bosques húmidos do sur da Península.
O descubrimento reforza a relevancia da illa como un punto estratéxico para a investigación dos ecosistemas atlánticos e para o estudo de especies pouco coñecidas. Os científicos consideran que futuras campañas de muestreo poderían aportar novos descubrimentos e seguir ampliando o coñecemento sobre a biodiversidade oculta que alberga o enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
