Acto en Ferrol da Plataforma Galega contra a OTAN

Baixo o título de 'Que é a OTAN e canto nos custa?' a plataforma conclúe en Ferrol a xeira de palestras programadas no mes de xuño
Xornada da plataforma en Compostela | CIG
Xornada da plataforma en Compostela | CIG

A Plataforma Galega Contra a OTAN conclúe mañá en Ferrol a xeira de palestras organizadas ao longo do mes de xuño baixo o título de “Que é a OTAN e canto nos custa?”. Será ás 20:00 horas no local da Fundación Artabria e contará coa participación da sindicalista da CIG, Nicolasa Castro, e do historiador e analista internacional, Duarte Correa.

Trátase dunha palestra informativa na que se explicará a realidade detrás da alianza militar, que conta na actualidade cun milleiro de bases repartidas en 63 países e ten despregadas tropas nun total de 165 países. “Rexeitamos a cesión de portos e instalacións aéreas na Galiza para alimentar esta maquinaria de guerra que converte aos galegos e galegas en cómplices da barbarie imperialista, malia existir un amplo rexeitamento social” explicou Óscar Valadares, voceiro da plataforma.

A Plataforma galega contra a OTAN conclúe, así, a xeira de actos organizados en diferentes puntos de Galicia ao longo do mes de xuño, e que tivo como punto álxido a contracimeira galega, celebrada o pasado domingo 19 de xuño en Santiago de Compostela “que contou cunha nutrida asistencia” sinalou Valadares.

De cara á próxima cimeira da OTAN en España, chama tamén a participar da columna galega na manifestación convocada en Madrid o domingo 26 de xuño. A organización pon autobuses con parada en diferentes puntos da Galiza, a disposición de toda persoa que queira asistir, para o que é preciso realizar a inscrición na web galizacontraaotan.gal

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.