Ferrol mantén a tendencia á baixa dos casos activos por Covid-19

Xa son 550 os veciños das comarcas que superaron o virus e recibiron a alta
marcidex

A área sanitaria de Ferrol mantén a tendencia á baixa no número de casos activos por Covid-19, que actualmente sitúase en 26 persoas. Só 4 destes doentes permanencen hospitalizados a causa do virus e o resto, 22 casos, están en illamento no seus domicilios.

Según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, son xa 550 os veciños das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. O número de falecementos segue sen cambios desde o pasado 9 de maio, polo que a día de hoxe son 33 as vítimas mortais relacionadas co coronavirus na área sanitaria.

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo e 145 da de Santiago.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.