“A súa maxestade, o grelo”, de Cristóbal Aguiló Domínguez (Cartaxena) será o cartel anunciador da 40ª edición da Feria do Grelo das Pontes, que se celebrará os próximos días 22 e 23 de febreiro. Un xurado, composto por Carmen Bellas Vázquez, licenciada en Belas Artes; Alicia Puchades Tella-Villamarín, profesora de educación plástica do IES Moncho Valcarce; Elena López Seco, concelleira-delegada especial de Turismo, Consumo, Hostalería e Comercio e Lorena Tenreiro Blanco, concelleira delegada especial de Organización Interna e Medios Locais, elexiron, por unanimidade, a proposta gañadora do concurso de cartaces desta cita gastromómica.
Foron 37 os autores e autoras, procedentes de toda España –As Pontes, Ortigueira, Pontevedra, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía ou Illas Canarias- as que presentaron un total de 56 obras artísticas que tiñan como obxectivo converterse na imaxe oficial da 40ª edición da Feira do Grelo e ser empregada para a súa promoción. O gañador recibiu un premio en metálico de 750 euros.
Os cartaces “Brassica rapa” de Carolina Díguele Parras, “Greliños Frescos” de Isabel Núñez Montero e “Son días de Feria”, de Dulce María López Fernández, foron os cartaces finalistas.
Discussion about this post