A Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Esta é unha das decisións adoptadas polo Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade, logo da xuntanza desta tarde, tras constatar o aumento de contaxios en xuntanzas sociais e familiares.
Ademáis, o executivo galego valora implantar restriccións para os concellos ou comarcas que estean en nivel 2 como a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros, así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
Para o nivel 3 as restricións sería para xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%.
Todas estas medidas, que se publicarán este mércores, 14 de outubro, no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor dende as 00,00 horas do xoves.