O Campus de Ferrol homenaxea cun mural á precursora do libro electrónico, Ángela Ruíz Robles

Desde maio de 2019 a Biblioteca da Escola Politécnica Superior leva o nome da escritora e inventora ferrolá
mural_25N_Ferrol (1)
PUBLICIDAD

A precursora do libro electrónico, a escritora e inventora galega Ángela Ruíz Robles, conta desde este venres cun mural de seu a carón da Escola Universitaria de Deseño Industrial. Este mural colaborativo é o resultado do obradoiro “Muralismo arredor do 25N – Elas Muralistas” que tivo lugar os días 21, 22 e 23 de outubro no Campus de Ferrol. Promovido pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC e mais por 7H Cooperativa Cultural, a actividade quere rachar estereotipos e concienciar sobre as desigualdades de xénero na arte urbana desde a experimentación colectiva e creativa.

Nunha primeira sesión, o alumnado participante realizou unha aproximación teórica á historia da arte urbana desde unha perspectiva feminista. Nas dúas sesións restantes, os asistentes traballaron conxuntamente co equipo de 7H Cooperativa Cultural na composición do bosquexo da obra e máis no pintado da mesma.

A elección de Ángela Ruíz Robles como protagonista do mural foi unánime. Con todo, esta non é a primeira vez que a Universidade da Coruña, e máis concretamente o Campus de Ferrol, homenaxea a figura de Ruíz Robles xa que desde maio de 2019 a Biblioteca da Escola Politécnica Superior leva o seu nome.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.