O Concello de Narón e Asfedro organizan un curso de «Mediadore sociais en prevención de condutas adictivas”

Desenvolverase tódolos xoves de 18.00 a 20.00 horas entre o 5 de novembro e o 17 de decembro
master-en-adicciones-770x433

Enmarcado no convenio de colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación Ferrolana de Drogodependencia ASFEDRO, a entidade organiza un “Curso de mediadores sociais en prevención de condutas adictivas”. Esta acción formativa vai dirixida a persoas interesadas  na prevención de condutas adictivas e que desenvolvan o seu labor  en entidades e asociacións que formen parte do tecido social do concello de Narón.

Obxectivos fundamentais deste curso son acadar a sensibilización da comunidade sobre as adiccións e a importancia de levar a cabo actuacións de prevención das condutas adictivas cos diversos colectivos cos que traballan. No desenvolvemento do curso trataranse contidos como a saúde comunitaria, información sobre as condutas adictivas, adolescencia, drogas e adiccións, enfoques actuais e o papel do mediador/a na prevención das condutas adictivas.

PUBLICIDAD

O curso é gratuíto e será impartido en liña a través da plataforma Google Meet. Terá unha duración de 14 horas desde o día 5 de novembro ata o día 17 de decembro de 2020, os xoves de 18.00 a 20.00 horas. As persoas interesadas poderán efectuar a súa inscrición, ate o día 4 de novembro ás 21.00 horas, a través do correo electrónico: [email protected] , facilitando nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico e, se é o caso, a entidade ou asociación á que pertence.

 

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.