O Concello de Ferrol inclúe nas desinfeccións diarias o centro de día de Caranza e o Souto de Leixa

Os bombeiros realizan estas labores dotados con equipos de protección individual e un camión bomba que pulveriza unha solución desinfectante
bomberos ferrol covid limpieza desinfeccion (17)

O Concello de Ferrol desinfecta a diario os exteriores de hospitais, ambulatorios e residencias de maiores da cidade co obxectivo de loitar contra a propagación da covid-19 entre a poboación e desde hoxe mesmo o corpo de Bombeiros intervén tamén nas inmediacións do centro de día de Caranza e do Centro de Atención a Personas con Discapacidade Souto de Leixa, tal e como indicou o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, na mañá de hoxe.

Deste modo, tres efectivos do corpo de Bombeiros de Ferrol dotados con equipos de protección individual (EPI) e un camión bomba pulverizan a diario solución desinfectante nos accesos aos ambulatorios de Plaza de España, Serantes e Caranza, do Edificio Social da concellería de Benestar Social e das residencias de maiores da cidade. Tamén nos exteriores do albergue de Caranza, do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e do Centro de Atención a persoas con discapacidade (CAMF), entre outros espazos, e desde hoxe mesmo tamén no centro de día de Caranza e do Souto de Leixa.

“Execútanse nos horarios de menor afluencia de persoas para evitar molestias”, explicou. Cosyota indicou que o fin de reforzar os traballos de desinfección “é poñer todos os medios que temos no Concello para protexer aos nosos veciños e seguir loitando entre todos contra a propagación do virus”.

Máis de 800 intervencións 

O Corpo de Bombeiros de Ferrol realizou durante o tempo que durou o primeiro estado de alarma un total de 820 desinfeccións en diferentes espazos da cidade. No mes de marzo e abril sumaron 383, en maio outras 374 e en xuño, ata a finalización do estado de alarma, fixéronse un total de 63 intervencións.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.