Pontedeume pechou a súa mostra documental «750 anos construíndo a historia de Pontedeume» con máis de 1.500 visitas

Todo o material, de grande valor histórico e documental, está recollido nun libro homónimo da editorial Espino Albar
123197476_2813465295647187_5767800122695894115_o

O Concello de Pontedeume pechoy onte, 4 de novembro, a exposición «750 anos construíndo a historia de Pontedeume». Unha mostra á que se achegaron máis de 1.500 persoas e na que se esgotaron todas as prazas para a participación nas visitas guiadas realizadas.

A actividade, foi toda unha oportunidade de desfrutar dun percorrido histórico polos sete séculos e medio da vila desde o momento da súa fundación, o 30 de decembro de 1270 por parte do rei Afonso X, a través da recopilación de documentación procedente tanto do Arquivo e Biblioteca Municipal como dos Arquivos da Casa de Alba, Arquivo do Reino de Galicia ou o Arquivo Xeral de Simancas entre outros.

Todo este proxecto está recopilado no libro-catálogo desta mostra da editorial Espino Albar, que xa está dispoñible en todas as librarías e que se convirte nunha fonte de información extraordinaria para todos os que desexen investigar na historia de Pontedeume.

«Queremos agradecer a resposta de todas as entidades educativas, que participaron no programa de visitas guiadas para centros escolares, pola súa axuda en difundir a riqueza documental, histórica, patrimonial e cultural de Pontedeume entre o seu alumnado», explicaron desde el gobierno local.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.