Pontedeume fai entrega do XXIII Premio de Investigación do Concello

O investigador e veciño da vila, Juan Coira, recibiu o galardón de mans do alcalde polo seu traballo sobre a arquitectura tradicional mariñeira
123444177_2814395118887538_3056865208715175819_o

O Concello de Pontedeume fixo onte entrega do premio a Juan Coira polo seu traballo ‘Arquitectura tradicional mariñeira. Corredores e galería da ría de Ares’. O traballo premiado recupera parte da historia duns dos elementos arquitectónicos tradicionais nas construcións da nosa Vila e do conxunto da comarca. Un estudo sobre os corredores e galerías na ría de Ares.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e a concelleira de Cultura, Ángela Piñeiro, destacaron a calidade dos traballos dun certame de investigación que medra ano a ano. O premiado, Juan Coira, é veciño de Pontedeume e un dos maiores especialistas na historia da nosa vila. De feito, foi un dos comisarios da mostra ‘750 anos construíndo a historia de Pontedeume’, que conmemora os sete séculos e medio da súa fundación.

Os traballos do premio tiñan que versar sobre aspectos de Pontedeume e a súa comarca, dende a perspectiva da descrición propia da etnografía ou das interpretacións propias da antropoloxía social e cultural e da etnohistoria.
Juan Coira recibiu un premio dotado coa cantidade de 1.140 euros e o seu traballo será publicado na revista de investigación local Cátedra. Revista eumesa de estudios.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.