O Pazo da Cultura acolleu esta mañá unha nova edición do programa Correlingua

A cita desenvolveuse vía telemática, debido á actual situación sanitaria, retransmitíndose as actuacións programadas aos centros educativos da comarca
Correlingua 2020

O Pazo da Cultura de Narón acolleu hoxe a vixésima edición do Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo impulsada pola CIG Ensino, A Mesa e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ademais de administracións públicas, entre elas o Concello de Narón. A cita desenvolveuse vía telemática, debido á actual situación sanitaria, retransmitíndose as actuacións programadas dende o propio Pazo aos centros da cidade, comarca e doutros concellos galegos.

“Vinte coa lingua!” foi o lema elixido para a actual edición desta convocatoria, que deu comezo ás 11.30 horas cunha presentación da actriz galega Isabel Risco, que leu o manifestó gañador do Correlingua, realizado por alumnado de terceiro curso da ESO do CPI de Zas. A continuación tivo lugar a actuación de Cé Orquestra Pantasma e de A Gramola Gominola, para pechar a convocatoria sobre as 12.30 horas.

Dende o Concello de Narón a edil de Ensino, Mercedes Taibo, recalcou que este evento representa “unha gran oportunidade para reivindicar o uso da nosa lingua e contribuír a manter vivo este gran patrimonio tamén nestes momentos, sensibilizando á poboación na importancia de defender o uso do galego” e felicitouse á organización do mesmo polo traballo realizado.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.