Recital este venres en Valdoviño a cargo do dúa italo-galego 2naFronteira

Presentan o seu traballo Arredor de Nós, con novas cancións baseadas na revista Nós
50843505_2697181610299903_3739526581794635776_o

A programación cultural do Concello de Valdoviño continuará este venres 13 de novembro cun concerto moi especial. Titulado «Arredor de Nós», correrá a cargo de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli. Xuntos forman dende 2008 2naFronteira, un dúo de piano/harmonio e voz coñecido pola súa calidade, paixón e eclecticismo musical.

Dirixido a todos os públicos, o recital celebrarase no auditorio da Casa da Cultura a partir das 20.30 horas. As persoas interesadas en asistir deben retirar a súa invitación entre este martes e o venres na Casa da Cultura, en horario de 11.00 a 14.00 horas. As prazas, por mor dos protocolos de prevención fronte á covid para unha cultura segura, están moi limitadas.

Co concerto Arredor de Nós, 2naFronteira renova o seu traballo do disco Sons de Nós, con novas cancións baseadas na revista Nós. A función inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.